A RúaConcellosO BarcoÚltima hora

Baixan a 4 os positivos por Covid nos centros educativos valdeorreses

 

Novo descenso nos casos activos de coronavirus nos centros educativos de Valdeorras. Así, segundo os datos do listado da Xunta de Galicia emitido neste martes 27 de abril, son 4 os positivos que existen nos centros da comarca fronte aos 6 que aparecían o sábado 24 de abril.

No Barco desaparece do listado o CEIP Condesa de Fenosa (que o sábado rexistraba 1 positivo), mentres o IES Lauro Olmo e o Colexio Divina Pastora continúan con 1 positivo en cada centro. Tamén desaparece do listado o CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo, que o pasado sábado tiña 1 positivo.

Onde non hai modificacións é no CEIP Manuel Respino da Rúa, que continúa con 2 positivos e 1 aula pechada.

No total da provincia de Ourense son 26 os positivos (5 menos que o sábado) en centros educativos e 1 aula pechada, segundo os datos da Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button