SanidadeÚltima hora

Baixan a 8 os casos activos de Covid en Valdeorras

Imaxe do Barco, onde se rexistra 1 positivo menos que onte./ Foto: A.R.

 

Continúa á baixa a curva de casos activos de Covid-19 na comarca de Valdeorras cun total de 8 positivos de coronavirus, 1 menos que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

En concreto é no concello do Barco onde se produce a baixada, contabilizándose hoxe 7 positivos, un menos que onte, cunha incidencia acumulada que tamén baixa a ≤10 a sete días; manténdose en >25 e ≤50 a catorce días.

Carballeda de Valdeorras mantén 1 positivo mentres que o resto dos concellos da comarca seguen  libres de Covid.

Por outra banda, tan só hai 1 caso activo de Covid nos centros escolares na comarca, trátase de 1 positivo no CEIP Condesa de Fenosa do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button