En portadaÚltima hora

Baixan os casos activos de Covid-19 na provincia e tamén as hospitalizacións

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 377 positivos, dos que 39 están ingresados en planta e 3 en UCI

 

A curva de casos de covid continúa baixando na provincia de Ourense. Segundo os datos comunicados hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 7 de decembro), contabilízanse 377 positivos (23 menos que onte). Ademais baixan as hospitalizacións en planta, un total de 39 (6 menos que onte) e 3 na UCI (2 menos que onte). Os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas soben lixeiramente ata os 20 (fronte aos 19 de onte).

Con respecto aos ingresos o Hospital de Valdeorras mantén hoxe 5 pacientes con coronavirus en planta (os mesmo que nos últimos 4 días), mentres que o Hospital de Verín baixa a 1 (2 mesmos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 27 en planta (3 menos que onte) e 3 na Unidade de Coidados Intensivos (2 menos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.718, con 7.044 curados e 296 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 119.598 probas PCR e 65.354 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button