PolíticaÚltima hora

Baltar califica de “éxito organizativo” a celebración en Ourense do congreso do PPdeG

O presidente dos populares ourensáns valoraba na mañá do 10 de maio a celebración do cónclave galego do partido
Imaxe do recente congreso do PPdeG en Ourense.
Imaxe do recente congreso do PPdeG en Ourense.

Do 8 ao 9 de maio a cidade de Ourense convertíase en escenario por primeira vez un congreso do PP de Galicia. Desenvolvíase en Expourense e resultaba, en palabras do presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, “un éxito organizativo”. Permitiu “acoller a máis de 3.000 persoas durante dous días, ademais do encontro que o presidente do Partido Popular nacional, Mariano Rajoy, mantivo o venres coas Novas Xeracións”, engadía Baltar que na mañá do 9 de maio facía balance do resultado desta cita galega dos populares.

Por ela pasaron representantes de relevancia do partido a nivel nacional, que “á súa vez puideron comprobar que Ourense era o lugar idóneo para a celebración do congreso tanto por historia, como berce do pensamento político galeguista, como hoxe por estar entre as tres provincias españolas españolas con maior porcentaxe de apoio ao PP nas últimas eleccións”, segundo o presidente do PP ourensán.

“Aquí apostamos por un proxecto pegado á terra, centrista e galeguista”, continuaba, “por iso en Galicia marcamos a diferenza con respecto ao resto das comunidades autónomas, sendo a única na que temos maioría absoluta e na que imos a pola terceira”.

Artigos relacionados

Back to top button