OurenseÚltima hora

Baltar recibe ao alcalde de Ourense na Deputación

Na súa primeira reunión analizaban temas sociais, de infraestruturas, medio ambiente, cultura, sostibilidade e fondos europeos
O alcalde de Ourense e o presidente da Deputación, tras a reunión.
O alcalde de Ourense e o presidente da Deputación, tras a reunión.

Primeiro reunión de traballo no Pazo provincial entre Manuel Baltar e Xesús Vázquez, o novo alcalde de Ourense. Neste encontro, que tiña lugar o 16 de xuño, analizaban temas sociais, de infraestruturas, medio ambiente, cultura, sostibilidade e fondos europeos.

Tras a reunión, o presidente do goberno provincial anunciaba que se creará un comité permanente de cooperación entre ámbalas dúas institucións “para dinamizar e optimizar os proxectos de interese común para a capital e a provincia, porque ábrese unha nova dimensión política onde a colaboración debe ser máxima polo ben da cidadanía ourensá”.

Ademais Baltar apuntaba que en canto se constitúa a corporación provincial “estarei encantado de facer a primeira visita institucional ao Concello de Ourense”, e engadía que Xesús Vázquez, nas súas primeiras horas como alcalde de Ourense, “xa deu sobradas mostras do seu compromiso co municipio, e mesmo onte tivemos ocasión de comparecer por un tema que afecta á cidade e á provincia por igual, e polo tanto esa palabra “Ourense”, que preside hoxe esta reunión, onte viviu un momento importante con esa cooperación institucional para que un proxecto deportivo tan sinalado como o do Club Ourense Baloncesto poida estar na vindeira tempada na elite do baloncesto europeo”.

Pola súa banda, o rexedor ourensán adiantaba que se concretaron aspectos que redundarán en resultados que serán visibles a curto prazo. Como punto de partida, poñía énfase en dous temas iniciais que serán incrementados paulatinamente. Por un lado, en materia de infraestruturas, a Deputación e o Concello colaborarán na intervencións nos accesos á zona termal, así como nos aparcadoiros destas zonas. “O fundamental é que quen nos visita, accedan en condicións dignas ás nosas ribeiras termais”,matizaba Vázquez.

Tamén en materia de infraestruturas, o Concello solicitou á Deputación unha brigada medioambiental para acondicionar as zonas do perímetro rural de Ourense. De feito, o Concello realizará unha relación de actuacións prioritarias para actuar de xeito inmediato nas mesmas.

Artigos relacionados

Back to top button