En portadaPolíticaÚltima hora

Baltar renuncia a formar parte da próxima Corporación provincial e a súa acta de edil en Esgos

"Este paso non diminúe, en absoluto, o meu compromiso por Ourense. Como presidente provincial do PPdeOU seguirei loitando coma sempre polo futuro desta provincia", sinala Manuel Baltar nun comunicado

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar./ Cedida.

 

Nun comunicado remitido a última hora desta mañá aos medios de comunicación, o presidente do PP de Ourense a presidente en funcións da Deputación provincial, Manuel Baltar, anunciaba a súa intención de non formar parte da vindeira Corporación da Deputación de Ourense e de renunciar a súa acta de concelleiro en Esgos.

“Descarto formar parte da próxima corporación provincial. Non tomarei posesión da miña acta como concelleiro de Esgos. Este paso non diminúe, en absoluto, o meu compromiso por Ourense. Como presidente provincial do PPdeOU seguirei loitando coma sempre polo futuro desta provincia, co inminente reto de contribuír á chegada do ourensán Alberto Núñez Feijóo á presidencia de España”, asegura.

Ademais explica que “ante a inminente constitución das corporacións locais da provincia de Ourense, e como presidente do partido político que gañou as eleccións a nivel provincial, traballo para conformar gobernos populares solventes ao longo de todo o territorio”. E engade que, “neste sentido, tamén traballo para facilitar que a Deputación provincial teña un presidente ou presidenta do Partido Popular, a única formación política que concorreu ás eleccións do 28 de maio cun proxecto provincial a desenvolver para seguir impulsando Ourense”.

Baltar conclúe indicando que “non hai interese maior que o interese xeral da provincia. Por iso, a configuración das corporacións locais non é unha cuestión de nomes senón de siglas e de proxectos. A política é responsabilidade e é estabilidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button