Entroido 2023OurenseÚltima hora

Barbadás achega o Entroido aos centros educativos, aos locais sociais e aos pobos

O Xoves de Compadres celebrábanse as primeiras regueifas

 

O Concello de Barbadás fai este ano unha aposta para ter una Carnaval máis atractivo se cabe. O goberno local pretende que ademais da festa, que cada ano ten máis participantes nos festexos, sexa tamén unha oportunidade que abarque non solo á hostaleira, senón a toda a actividade comercial e de servicios dos que este municipio dispón. Deste xeito, Barbadás achega a festa entroideira aos centros de ensinanza, aos locais sociais, aos pobos e, en xeral, a toda a poboación.

Dende o 1 de febreiro e ata o día 20 deste mes está aberto o prazo de inscrición para o gran desfile do martes de Entroido, no que haberá máis de 6.000€ en premios para todas aquelas carrozas, comparsas, parellas/tríos ou individuais que queiran participar.

Tamén está aberto ata o día 14 o prazo para o concurso de Mecos, un concurso que comezou na pandemia e que resultou un éxito; no que a veciñanza, principalmente do rural, implícase cada vez máis, poboando de meco as rúas. Dende o concello, queren seguir coa tradición para recuperar esta figura tan destacada dentro do Entroido.

 

Regueifas de Compadres.

 

Entroido nos centros educativos de Barbadás

A aposta de implicar aos centros educativos no Entroido consiste en celebrar obradoiros nos colexios para os nenos e que así aprendan a facer as comadres e os compadres e despois, haberá as disputas dialécticas improvisadas tanto o xoves de compadres como o de comadres no casco vello de A Valenzá.

O venres de Entroido haberá un dos grandes desfiles, o de todo o alumnado de Barbadás. Preto de mil nenos e nenas van saír dos seus colexios desfilando ata unha zona central que é Rotonda da Familia. Alí haberá animación con música e se colgarán os Mecos feitos polos dous colexios.

Ese mesmo día, venres, 17 de febreiro, darase por inaugurado oficialmente o Entroido, co pregón de Pepo Suevos, actor e monologuista. Pola noite, celebrarase a tradicional Cea/baile de Comadres, amenizada por un DJ.O sábado, a festa será a protagonista con varias charangas que poñerán música por toda a Avda. De Celanova durante a tarde/noite. O domingo de Entroido, as charangas actuarán polas parroquias do concello. O luns, as actividades estarán enfocadas principalmente aos nenos e nenas cunha festa e un concurso infantil de disfraces. Á tardiña, as actividades irán máis enfocadas á mocidade. O martes, gran desfile de Entroido, que comezará ás 17:00 horas, ao que o Concello convida a todas as persoas que teñan ganas de entroidar.

Como peche do programa, o mércores desfilará a comitiva fúnebre coas viúvas, cos bispos, cos curas, e todos os que queiran acompañar. Despois, haberá un espectáculo de lume para despedir todos estes días de diversión.

 

Artigos relacionados

Back to top button