OurenseÚltima hora

Barbadás celebra esta fin de semana a IV edición do concurso de pinchos

Haberá degustacións, obradoiros, maridaxes e catas na Rotonda da Familia na Valenzá

 

A carpa instalada na Rotonda da Familia, na Valenzá, acolle esta fin de semana diferentes actividades no marco do concurso de pinchos “Barbadás a Bocados”, contando coa presenza do xurado profesional de “Cociña galega”.

Na mañá do sábado tiña lugar una cata de cervexa con Estrella Galicia, así como un obradoiro de cociña internacional. Pola tarde, a partir das 19h. haberá un obradoiro de iniciación á cata con Luis Paadín e media hora máis tarde recibirase aos grupos da segunda edición do encontro de cantos de taberna.

Para mañá domingo ás 12 horas está prevista unha maridaxe de vermú e un obradoiro de corte de xamón con Mercedes González e a partir das 18:30h. un obradoiro doce e merendas saudables para os cativos.

A degustación de pinchos nos 16 establecementos participantes nesta edición é de 12 a 15:30 e de 20 a 24h.

Fotos: Concello de Barbadás

Artigos relacionados

Back to top button