ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Beatriz Domínguez, ganadora do Concurso 8M Río Feminista

O Concello de San Xoán de Río vén de facerlle entrega do premio deste certame

Publicidade
Beatriz Domínguez recibindo o premio do concurso das mans de Susana Gómez, directora do CIM./ Foto cedida.

 

O Concello de San Xoán de Río vén de facer entrega do premio do Concurso 8M Río Feminista, cuxa ganadora é Beatriz Domínguez Méndez. Neste acto recibía o galardón de mans de Susana Gómez, directora do CIM (Centro de Información á Muller).

Para participar nel só había que compartir a publicación do concurso nas redes sociais do Concello https://www.facebook.com/concellosanxoanderio/ e realizar algún comentario “e algunha das razóns pola que eres feminista”, segundo os promotores.

O xurado escollía ao ganador/a tendo en conta “a razón máis orixinal, contundente e con perspectiva de xénero”. Neste caso o premio recaía en Beatriz Domínguez, que recibía unha cesta con produtos da zona.

 

 

O texto gañador do concurso é o seguinte, “razóns polas que ser feminista”:

Beatriz Dominguez. Soy feminista porque quiero despertarme y no ver ninguna noticia de violencia machista, porque quiero un mundo igualitario basado en el respeto e igualdad de derechos entre todos los géneros. Soy feminista porque creo en hombre y mujer con mismo valor, fuerza e inteligencia. Soy feminista por mis antecesoras, porque ellas no pudieron y yo por suerte hoy si, puedo seguir con su legado, con nuestra lucha pacifistas cuyas armas son los argumentos y cuyo objetico es un equilibrio en la balanza para todos. Soy feminista porque quiero que el día de mañana todas las mujeres puedan caminar de noche sin miedo, vestirse sin reprimendas y ser libres. Soy feminista porque soy mujer.

Artigos relacionados

Back to top button