ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Bendición de mascotas no Día de San Antón Abade, na igrexa de Santa Rita (O Barco)

 

Por segundo ano consecutivo a igrexa de Santa Rita, no Barco de Valdeorras, acolleu a celebración da festa na honra a San Antón Abade con bendición de animais, misa e recollida de alimentos para as asociacións de mascotas, unha das novidades que o novo párroco do Barco, Jesús Álvarez, introducía na parroquia trala súa chegada á vila hai case dous anos.

Así, na tarde deste martes 17 de xaneiro, numerosas persoas levaban ás súas mascotas, basicamente cans de todas as razas e tamaños, pero tamén outros (unha muller levou un paxaro), para que o sacerdote lles dese a bendición, nesta ocasión no interior do templo debido á chuvia que impedía facelo na entrada, na praza do Príncipe, onde se celebrara o ano pasado.

 

 

Como entón, un a un, o párroco foi salpicando aos animais coa auga bendita, asegurando que estaban alí reunidos para que “a figura de San Antón, unha vez máis, nos axude a bendecilos e que sirva de estímulo para coidalos e protexelos”. O acto, no que se recollía numerosa comida que máis tarde será entregada ás protectoras de animais, remataba co agradecemento do sacerdote aos asistentes, continuando coa celebración da eucaristía na honra a San Antón.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button