A RúaConcellosÚltima hora

Bendición de ramos na parroquia de Fontei (A Rúa)

 

Na mañá deste sábado 2 de abril, eran moitas as persoas que se reunían no adro da igrexa de Nosa Señora de Fátima en Fontei para asistir á tradicional bendición de ramos que dá inicio aos cultos da Semana Santa nesta parroquia ruesa.

 

 

Unha hora e cuarto antes de ir a Petín, o párroco Lisardo Paradelo introducía un ramo en auga bendita e, a continuación, procedía a dar a bendición dos ramos e palmas dos fieis. Seguidamente, entraba na igrexa e ía bendecindo cada un dos ramos que levaban as persoas que estaban no interior do templo ata chegar ao altar. Unha vez alí, iniciábase a misa deste Domingo de Ramos.

 

 

O seguinte culto neste templo será o Xoves Santo, 6 de abril, ás 18:30 hora coa misa na Cea do Señor. Ás 23 horas será a Hora Santa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button