No mediodía do 14 de abril tiña lugar a bendición de ramos e palmas no adro da igrexa ruesa de Santo Estevo. Numerosas persoas asistían a este culto relixioso co que se encenta a Semana Santa nesta parroquia, na que se vive con especial devoción. Despois tiña lugar a misa no interior do templo.
Fotos cedidas