Unha longa ringleira de persoas agardaba ao carón do Muíño de Aceite de Bendilló (Quiroga) para ver como en vivo como era antano a elaboración tradicional deste produto na zona. Para polo a funcionar é necesaria a forza dun burro. Con esta demostración, que principiaba ás 11:30h., abríase o programa da 23ª Mostra do Aceite de Quiroga, na que nesta ocasión podía degustarse e mercarse o aceite de oliva virxe extra de cinco olivicultores: Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, Aceiroga e Pedro Soto Losada.
Ademais no recinto feiral contábase con postos de artesanía en madeira de oliveira, doutros produtos tradicionais de Quiroga (marmeladas, licores ou mel) e de xoguetes tradicionais.
O programa desta mostra, recoñecida como festa de interese turístico galego, incluía ademais unha proxección na Capela das Farrapas (á beira do muíño) do proceso de elaboración da aceite e tamén da mostra.
Ademais arredor das 12h. soaba a música tradicional do grupo de gaitas O Recanto no e, a partir das 13h. esta mesma agrupación volvía tocar ao mesmo tempo que actuaban os grupos de danza San Martiño e Arume de Quiroga.
Xunto coa exposición e venda de produtos, no recinto da Mostra do Aceite (organizada polo Concello de Quiroga), podía degustarse pulpo e carne ao caldeiro.
Fotos: Carlos G. Hervella.