CulturaCulturaÚltima hora

A Biblioteca do Barco regala un libro aos usuarios menores de 12 anos

A iniciativa terá lugar mañá, sabado 1 de abril, para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Dende 1967, o 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o 2 de abril de 1805. Con esta celebración, trátase de  promocionar este tipo de lectura e a Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco súmase a esta iniciativa coa organización de varias actividades. Unha é a exhibición dunha selección de libros deste autor que pode verse nunha das vitrinas da biblioteca.

A outra iniciativa é o agasallo de exemplares dunha selección de libros infantís e xuvenís aos rapaces de ata 12 anos que mañá sábado 1 de abril acudan á biblioteca, acompañados dun adulto. Esta campaña terá lugar no horario da apertura da instalación (de 10 a 13 horas).

 

Artigos relacionados

Back to top button