Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O BNG de Valdeorras critica o estado de abandono da estación de autobuses da vila

Deixadez e abandono. Son algunhas das palabras que emprega o BNG do Barco para referirse ao estado que presenta a estación de autobuses desta vila valdeorresa. “Nun momento no que se fala de que o 81/% das liñas de autobuses da provincia de Ourense van ser suprimidas, no que o estado de conservación da principal vía de comunicación da comarca -a N-120-é lamentable, o estado que presenta á vista dos usuarios a Estación de Autobuses do Barco é unha auténtica vergoña”, aseguran dende este partido político. E ademais apoian a súa afirmación nunha serie de imaxes da estación.

“Tal estado”, engaden dende o BNG valdeorrés, “non é máis ca unha mostra do que se preocupan as autoridades competentes polas comunicacións en Valdeorras. Esiximos, que dunha vez por todas, a nosa comarca teña o repecto e a atención que se merece no tocante ás súas vías e medios de comunicación”.

 

Fotos: BNG de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button