DeportesÚltima hora

Boa actuación do Atletismo Rúa na primeira fase previa de Xogade no Barco

De maneira moi positiva valora o Club Atletismo Rúa os resultados dos seus representantes no marco da I Xornada previa de Valdeorras de Atletismo en pista do programa “Xogade” (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar), que se desenvolvía na tarde do 7 de abril nas pistas de Calabagueiros, no Barco.

Son “grandes resultados”, din dende o club, que destacan as seguintes clasificacións nesta cita deportiva:

  • En Sub -10 Sheila Magali en 50 m primeira na súa serie e terceira marca de todos os participantes. En Lonxitude quinta con un mellor salto de 2,33.
  • Sheila Magali en 50 m 9:65. Carlota Navarro, con 10:17 segunda da súa serie e novena marca. En lonxitude sexta marca con 1,62.
  • Dylan González en 50 m segundo da súa con 9:95 e oitava marca. En lonxitude noveno con 1, 87.
  • En Alevín ( Sub -12) participaba Bruno Da Silva en 60m con 11:64 e undécima marca. En lonxitude 2’58 e décimo terceira marca.
  • Alba Moral en 60 m marcou 11:55 tercera na súa serie e undécima marca. En lonxitude 2’11 e décimo sexta marca.
  • Xabier Fernández en Sub-14 en 80 m fixo 14:83 e cuarta marca. De todos os participantes. En lonxitude sétimo cun mellor salto de 3’21.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button