
O Club Atletismo Rúa participaba o sábado 13 de xuño na XLIII Copa Deputación de Ourense de Atletismo disputada nas pistas de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras, cunha “actuación extraordinaria de Adrián Blanco que lograba un segundo posto en 80m e un cuarto en xavelina 500gr. mellorando a súa marca con 19,89m.”, explican dende o club.
Na competición tamén participaba Brais Fernández Puente logrando un quinto posto en peso e un sétimo en xavelina 500gr.
“Con ilusión e traballo todo se pode”, aseguran orgullosos dende o Club Atletismo Rúa.

