Dúas semanas despois dos bos resultados colleitados no campionato galego, o KC River Stone do Barco collía nesta fin de semana rumbo a Málaga para participar na segunda fase da Liga Nacional Infantil, da que volvían con moi boas sensacións.
A competición masculina tiña lugar o sábado 6 de novembro e aí participaban Nazan Barreda Fernández en kata alevín e Brian Rodríguez Carballo en kata infantil, pasando ámbolos dous á segunda ronda onde finalmente eran superados polos respectivos rivais.

A competición feminina celebrábase na mañá deste domingo 7 de novemebro e aquí participaban Aina Moral Castror e Cloe Yáñez González, ámbalas dúas en kata infantil. Cloe caía na primeira ronda mentres que Aina pasaba á segunda aínda que non lograba chegar á final. Así e todo, depois de máis de mil quilómetros, noites de hotel e moitos nervios por participan nun encontro nacional, dende o club amósanse coma sempre, moi orgullosos dos pequenos que dan o mellor de si en cada campionato.
Fotos: RFEK.