EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Bodega Régoa de Sober, elixida por unha produtora internacional para unha serie documental sobre adegas de autor

A produtora desprazarase a Sober os días 27 e 28 de maio para rodar na viña e nas súas instalacións. Tamén visitarán Rectoral de Gundivós e a queixería Airas Moniz, en Chantada

 

Bodega Régoa, de Amandi, Sober, participará este mes nunha serie documental dunha produtora de EEUU que terá proxección internacional. En concreto, a adega propiedade de José María Prieto é a única de Galicia que vai formar parte deste proxecto audiovisual sobre bodegas de autor. Xunto a ela, tamén formarán parte do traballo audiovisual outras bodegas do País Vasco, A Rioxa ou Andalucía.

A adega foi elixida para este proxecto con proxección internacional pola súa filosofía no tratamento da terra, o coidado das viñas e a sustentabilidade que caracteriza o seu traballo.
Cada unha das zonas vinícolas elixida dará para un episodio da serie, cinco en total, polo que Bodega Régoa será a protagonista dun dos episodios do proxecto. A gravación levarase a cabo os días 27 e 28 de maio nas instalacións que a bodega ten en Amandi e tamén na viña e noutras localizacións de Sober, na Ribeira Sacra lucense.

O equipo técnico estará formado por 10 persoas, entre as que se atopa o director da produtora estadounidense E-Content Digital, de orixe americana. Así, ademais de dar a coñecer os viñedos da adega e as súas características, e de catar os seus viños, a proposta de José María Prieto tamén se fará unha visita á Rectoral de Gundivós para ensinar o funcionamento da olería tradicional e unha parada na queixería Airas Moniz, en Chantada.
O proxecto documental estrearase previsiblemente no último trimestre do ano e terá versión en español e en inglés no seu lanzamento.

Bodega Régoa

Bodega Régoa conta con dez hectáreas de viñedo nunha única peza no corazón de Amandi, en San Martiño, no Concello lucense de Sober. A súa plantación e coidado comezou no ano 1993, mentres que a adega abre as súas portas no ano 2005 en Sampil, Pinol.
A produción é de 40.000 quilos anuais de uva que destinan maioritariamente ao mercado nacional a través das súas distribuidoras.

A bodega da traballo a dúas persoas ao longo de todo o ano, número que se incrementa na época de poda e elaboración do viño. A viña está mecanizada cun sistema de raís con 12 elevadores. As vistas ao Canón do Sil son espectaculares desde a parcela, como quedará reflectido no traballo que se rodará a finais de mes.

eContent TV

eContent TV é unha produtora moi galardoada que, en combinación coa súa axencia dixital de servizo completo eContent Digital, elimina a brecha entre producións da máis alta gama e estratexias dixitais con visión de futuro. Con sede en Nova Iorque, conta con oficinas estratéxicas en Londres, Madrid, Porto Rico e Cidade de México.

Artigos relacionados

Back to top button