Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A bombeira Cristina Posada achégalle a súa profesión aos alumnos do colexio de Seixalbo

A bombeira Cristina Posada, atendendo as preguntas dos alumnos que querían descubrir a súa profesión.

A máis veterana das dúas únicas mulleres que prestan os seus servizos como membros do corpo de bombeiros de Ourense, Cristina Posada, achegáballes esta profesión aos alumnos do colexio de Seixalbo a través dunha actividade didáctica e lúdica.

Presentábase no centro vestida de xeito normal e iniciaba cos rapaces un xogo no que éstes debían adiviñar a súa profesión a través dunha serie de preguntas sobre os seus instrumentos de traballo ou características da súa profesión. Finalmente, lograban descubrir que era bombeira. “O obxectivo era derribar a etiqueta de xénero que teñen determinadas profesións, como a de Cristina, considerada historicamente como de homes”, indican dende o centro escolar.

 

Os alumnos participantes na actividade, con Cristina Posada.

Os alumnos participaban activamente nesta actividade e mesmo se poñían o casco cando, ao final da súa intervención, Cristina Posada vestía o seu uniforme de traballo, observado con gran atención por todos os participantes. Esta singular proposta formaba parte dos actos programados polo colexio con motivo do Día Internacional da Muller.

Fotos: CEIP Seixalbo.

Artigos relacionados

Back to top button