ConcellosEntroido 2020Galerías de fotos

Bombos e aixadas poñen ritmo ao Entroido de Chandrexa de Queixa

 

O toque dos folións de diferentes puntos do oriente ourensán envolvía a mañá do Sábado de Entroido, 22 de febreiro, en Chandrexa de Queixa. Arredor das 12h. poñíase en marcha un desfile no que tomaban parte ata dez folións: As Maceiras, A Caniceira Os Labregos e A Lardeira (os catro de Trives), os folións da Veiga, O Irrio de Castro Caldelas, Os Arrieiros de Petín, Os Viticultores de Vilamartín, o Folión de Petín e, por suposto, o de Chandrexa de Queixa.

Despois, a partir das 14:30h., tiña lugar un xantar popular no patio do colexio cun menú a base de sopa de cocido, cocido, bica, café e licores. A festa proseguís despois amenizada polo grupo Chastton Show.

Fotos cedidas por Raquel Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button