Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Bos resultados para o club Our-O nas probas da liga galega de orientación celebradas en Oleiros

Disputábanse dúas probas da modalidade sprint e unha de orientación de precisión

 

O sábado 30 de maio, realizábanse na localidade coruñesa de Oleiros tres probas de orientación pertencentes á liga galega, dúas de formato sprint e unha de orientación de precisión, no que participaba o club Our-O participaba con 8 deportistas.

Á primeira hora da mañá, a comunidade orientadora concentrábase no barrio de Perillo para disputar o campionato galego da modalidade sprint, onde os mellores resultados foron para os mais mozos. Brais Rodríguez Cruz gañaba a súa competición na categoría M-14 e Mauro conseguía a terceira praza na categoría de iniciación curta. Tamén destacaban Francisco José Camba, 6º en Masculino 45 e Jesús R. León 5º en Masculino 21.

 

 

A continuación celebrábase no Parque das 13 Rosas a 2ª proba de orientación de precisón (trail-O) onde Pablo Aller obtiña a 7ª praza, con 20 respostas correctas de 24 posibles.

Pola tarde, nas inmediacións do bosque de Xaz, tiña lugar a terceira proba da liga de sprint pero en bosque, onde novamente os máis mozos eran os mais salientables, Mauro Rodríguez Cruz conseguía o 2º posto en iniciación curta e Brais gañaba novamente en M-14, demostrando o seu bo estado de forma.

A competición continúa  e o próximo 27 de xuño celebrarase o Campionato galego de o-pé distancia media e de orientación de precisión, na localidade pontevedresa do Grove.

Fotos cedidas.

Back to top button