
Ata finais de febreiro non chegarán as datas grandes do Entroido, pero na provincia de Ourense xa empeza a notarse o espírito desta festa. Así, ademais da saída do fulión feminino o sábado 1 de febreiro en Viana do Bolo, outra das citas desa xornada será unha “xuntanza de amigos entrodeiros” en Campobecerros (Castrelo do Val).
Así esta localidade recibirá, a partir das 17h. a visita dos Fulións Rurais de Viana do Bolo, xunto cos seus Boteiros, así como a dos Cigarróns de Verín a dos Felos das 12 parroquias de Maceda. Por suposto, non faltarán as máscaras locais: os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros.