A expectación era máxima, cunha boa entrada coas bancadas cheas de afeccionados moi ilusionados, e o equipo non defraudou.
Na tarde do domingo 4 de maio o campo municipal de Calabagueiros acollía o último partido da tempada o derbi provincial CD Barco-Verín CF no que cada equipo pelexaba por un obxectivo claro. Os locais certificar o ascenso á Terceira Futgal; e os visitantes sumar os tres puntos para continuar con opcións de lograr a permanencia na Preferente.


E con esas ideas saltaban ao terreo de xogo os dous planteis. Aínda así habería que esperar ata o minuto 25 para que o Barco abrise o marcador co gol de Juan Manuel Justo rematando a primeira parte co 1-0. Tralo paso polo vestiario, seguía o tira e afrouxa ata que no minuto 61 Óscar Martín poñía de novo en pé ás bacadas co segundo gol da tarde. Só catro minutos despois Manu marcaba o terceiro e xa no 78′ Cuña sentenciaba o partido co 4-0 final.

Calabagueiros vibraba pero para que os barquenses conseguiran onte o ascenso, non lle chegaba con de vencer no no derbi senón que o segundo clasificado, o Céltiga, debería perder ou cando menos empatar ante o Choco, pero vencía 2-1 co cal haberá que esperar ata a última xornada de liga, na que o CD Barco xogará no Penedo da Moo contra o Matamá, para a tan esperada celebración.

Para despedir a tempada, o Centro de Deportes Barco convidaba á afección a entrar gratis no campo onde os máis pequenos desfrutaron saltando e xogando nos castelos inchábeis instalados para a ocasión a pé do campo.

Fotos: Carlos G. Hervella.



