EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Brinde virtual con viños da Ribeira Sacra polo #DíaMovementoViñoDO

"Animámosvos a enviarnos as vosas fotos, brindando para difundilas nas redes e poñer en valor o traballo dos nosos viticultores e adegueiros", din dende esta Denominación de Orixe

 

Non poderá ser presencial, como en anos anteriores. Por cuarto ano consecutivo, o calendario do sector do viño con Denominación Orixe en España tiña unha cita este sábado, 9 de maio, co brinde do #DíaMovementoViñoDO. Pero, malia á situación de confinamento, o sector non se renuncia á cita.

“Desde o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra quixemos manter esta cita polo que significa de posta en valor dos nosos viños e do traballo que denominacións de orixe, viticultores e adegas desenvolvemos na conservación e mantemento dos nosos territorios e do noso tecido económico. Propoñemos unha semana dedicada ao brinde Día movemento viño”, aseguran dende este órgano réctor.

Así, a D.O. Ribeira Sacra quere compartir do 6 ao 13 de maio este brinde colectivo e “animámosvos a enviarnos as vosas fotos, brindando con viño da D.O. Ribeira Sacra para difundilas nas redes e poñer en valor o traballo dos nosos viticultores e adegueiros. As fotos máis votadas recibirán premios que farán gozar aos seus autores das riquezas da Ruta do Viño de Ribeira Sacra, cando sexa posible”, adianta o seu consello regulador.

Participación e premios

Para participar nesta iniciativa é doado. Só hai que enviar unha foto por Whatsapp ao teléfono 647 59 57 47 entre o día 6 e as 00.00 do día 13 de maio. As fotos, que deben incluir brinde e botella de viño dunha marca da D.O. Ribeira Sacra, publicaranse no Facebook da D.O. Ribeira Sacra cos hastags #BrindisMovimientoVinoDO #BrindisDORS. As 3 fotos que logren máis “Me gusta” antes das 00h. do día 13 de maio obterán premio.

O sábado, 16 de maio, publicaranse os gañadores, que recibirán os seus premios en canto as circunstancias permitan gozar do enoturismo na Ruta do Viño de Ribeira Sacra.

Os premios serán para dúas persoas: comida ou cea nun restaurante da Ruta do Viño de Ribeira Sacra, aloxamento dunha noite e almorzo nun establecemento da Ruta do Viño de Ribeira Sacra e visita guiada a adega da Ruta do Viño de Ribeira Sacra con cata completa dos seus viños.

Artigos relacionados

Back to top button