DeportesPiraguismoÚltima hora

Bronce no galego de K-2 base para o Fluvial Lugo e quinto posto para o Fluvial Avión

Publicidade

 

Augasmestas (Quiroga) convertíase na mañá deste 18 de setembro en referente galego do piragüismo base. Máis de 400 padexeiros dábanse cita nesta fermosa zona para participar no Campionato autonómico de K-2 nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín. A proba comezaba a partir das 11 da mañá, con saídas cada 20 minutos.

O podio por clubs estaba claramente dominado polo Club de Mar Ría de Aldán-Gandon SA, que sumaba un total de 4.949 puntos, mentres se proclamaba subcampión o Club Cofradía de Pescadores Portonovo (4.443 puntos) e o Club Fluvial Lugo facíase coa terceira posición (3.576 puntos).

O mellor resultado ourensán por clubs viña da man do Club Fluvial Avión-Castrelo de Miño, que se situaba nunha quinta posición, con 2.376 puntos.

Esta proba, de categorías base, estivo organizada polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e pola Federación Galega de Piragüismo en colaboración co Concello de Quiroga (cuxo alcalde, Julio Álvarez, participaba tamén na entrega de premios).

 

Fotos: Fegapi.

 

Artigos relacionados

Back to top button