DeportesÚltima hora

Bronces de Mateo Valcarce e Irina Sánchez (Adas), no galego de marcha

 

De maneira moi positiva valora o Club Adas Proinor do Barco o resultado dos seus atletas no 33º Campionato galego de marcha en ruta, que se celebraba esta mañá na Pobra do Caramiñal. Os valdeorreses lograban dúas medallas nas categorías da base, pero tamén rozaban o podio nalgún outro caso e conseguían “boas marcas”, tal e como sinalaba o presidente do Adas, Agustín González.

Así, Mateo Valcarce facíase co bronce en Sub14, cunha marca de 11:21 no percorrido de 2 km, mentres que Irina Sánchez lograba esa mesma medalla en categoría Sub10 (6:27). Ademais Iria Gerboles situábase cuarta en Sub10 (7:18) e Paula Cela quedaba no posto 12 en Sub14, cun rexistro de 14:00.

Fotos: Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button