Burbujas, o novo espectáculo de CantaJuego chega o vindeiro sábado 2 de novembro ao Auditorio Municipal de Ourense. Trátase dun show no que a música, o xogo e as emocións entrelázanse nunha experiencia única, cuxas funcións terán lugar ás 16:30h. e ás 19:00h. As entradas (16,50€) están á venda en www.cantajuego.com.
Nesta aventura os CantaJuegos xunto aos seus icónicos compañeiros, Coco, Pepe, Buby e o seu novo amigo, o Pajarito, farán que o espectador viva un encontro inesquecible. A risa, o humor e o agarimo serán protagonistas, para xogar con cada burbulla de cor ao ritmo de cada canción. A obra, que está dirixida ao público familiar e recomendada para nenos de 1 a 6 anos, promete ser unha celebración de cor e alegría, ao ritmo de novas e creativas cancións, incluída Burbujas e das cancións de sempre, garantindo un espectáculo tanto para novos seguidores como para os de toda a vida.
Burbujas non é só un espectáculo, senón unha invitación para compartir un momento especial e divertido, bailando ao puro ritmo dos grandes hits de CantaJuego onde o espectador verase mergullado no importante mundo das emocións.
CantaJuego é un proxecto creado por Pedro Zaidman, responsable da dirección musical que vai da man de Matías Zaidman, Olivia Moza e Julián Fliess na dirección e produción executiva. O elenco está formado por Ainhoa Abaunz, Paulino Díaz, Rodrigo Puertas, Eugenia Cabrera (tamén responsable das coreografías) e Mercedes Díaz e Bárbara Velázquez como artistas adicionais, que interpretan, cantan e bailan durante os 75 minutos de dura a función. O espectáculo que presentan en Ourense conta cun equipo composto por Maxi Pineros (circuíto manager), Jorge Peña (produción), Cristina Martínez (preprodución), Luca Germini (música xunto a Pedro Zaidman), Carlos Salamanca (voces personaxes), Olivia Moza (responsable de vestiario), Matías Zaidman e Pelayo Zurrón (deseño audiovisual), Federico Kurcbard (deseño gráfico), Tony Herrera (técnico de son) e TJL (luces e vídeo).
Proxecto pedagóxico-musical
CantaJuego é un proxecto pedagóxico-musical en formato audiovisual, desenvolto por especialistas na estimulación psicomotriz, o entretemento e o traballo psicopedagóxico. Propón utilizar a música e o movemento para poñer en funcionamento a imaxinación e a fantasía, desenvolver o sentido rítmico, a voz, o movemento, o xesto e a expresión corporal.
Burbujas
No último espectáculo de CantaJuego a música, o xogo e as emocións entrelázanse nunha experiencia inesquecible. Nesta aventura, os icónicos personaxes de CantaJuego, incluídos Coco, Pepe, Buby e o Pajarito, convidan o espectador a unha viaxe chea de risas, humor e agarimo. O espectador verase mergullado nun bulebule de emocións cando o simple pero máxico momento de facer burbullas convértese nunha fonte de desorde e diversión.
Cada CantaJuego quere facer burbullas á súa maneira, levando a todos a explorar a importancia de recoñecer e xestionar as súas emocións. Este espectáculo promete ser unha celebración de cor e alegría, ao ritmo de novas e creativas cancións, incluída ‘Burbullas’ e das cancións favoritas de sempre, garantindo un espectáculo tanto para novos seguidores como para os amig@s de toda a vida de CantaJuego. ‘Burbullas’ non é só un espectáculo, senón unha invitación para compartir un momento especial e divertido, bailando ao puro ritmo dos grandes hits de CantaJuego para mergullar ao público no importante mundo das emocións. Unha gran festa de burbullas e alegría!