ConcellosÚltima hora

Buscan entre as provincias de Ourense, Zamora e León unha avioneta desaparecida que saía onte de Doade (Sober)

 

Dende as 19:30h. de onte, 19 de outubro, está desaparecida unha avioneta destinada á extinción de incendios que saía dende o aeródromo de Doade (Sober) ás 11:35h., tal e como informaba o 112 Galicia á Garda Civil. O seu destino era Córdoba, pero “debido a condicións meteorolóxicas adversas cando voaba á altura de Salamanca retornou á base perdéndose contacto en zona Piornedo en Castrelo do Val”.

O último contacto coa aeronave, un monopraza Thursh 710P, tívose ás 12:30h. Segundo informa a compañía PLYSA, “no avión viaxaba o piloto que se encontraba realizando un voo de traslado”. Ademais a compañía indica que puxo “en coñecemento das autoridades o incidente de forma inmediata e activouse o dispositivo de búsqueda. A preocupación máxima agora é localizar ao piloto e atender aos seus familiares”.

Polos datos de que se dispoñen nestes momentos “cabe a posibilidade de que puidera estar no triángulo formado entre as provincias de Ourense, León e Zamora”, segundo aseguraba o subdelegado do Goberno en Zamora, Ángel Blanco. O posto de mando en Zamora estableceuse no cuartel da Garda Civil de Puebla de Sanabria. “Estamos totalmente coordinados con la Comandancia da Garda Civil de Ourense e dende esta Subdelegación do Goberno temos comunicación continua e constante co subdelegado do Goberno en Ourense. Esperamos que pronto poida dar os seus froitos esta búsqueda e se poida atopar ao piloto da avioneta de extinción de incendios”, engadía o subdelegado do Goberno en Zamora.

 

Artigos relacionados

Back to top button