ConcellosÚltima hora

Buxán (O Bolo) celebrará, o 12 de agosto, a II Festa do Verán

O apartado musical correrá por conta do grupo Kalima e Gramola
Vista parcial de Buxán, no concello do Bolo.

Na localidade bolesa de Buxán está xa todo preparado para celebrar a II Festa do Verán prevista para o domingo 12 de agosto.

O programa arrancará en torno ás cinco da tarde con xogos tradicionais, da rá con dúas categorías (adultos e ata 12 anos) e de bolos; e de mesa cun campionato de tute (inscrición: 10 euros por parella). E xa de cara á noitiña, o baile estará amenizado polo grupo Kalima, pechando a sesión verbena a discoteca móbil Gramola.

A comisión de festas puxo á venda pañoleta a 3 euros e durante a festa farase un sorteo con 300 euros para o 1º premio e 200 euros para o 2º.

 

Cartel da festa de Buxán.

Artigos relacionados

Back to top button