En portadaÚltima hora

Cae no Barco un quinto premio da Lotería de Nadal

 

Con moita alegría e ilusión estase a vivir o sorteo da Lotería de Nadal no Barco. Entre os primeiros premios que se coñecían estaba un dos quintos premios, o 88979, que caía precisamente na Administración de Lotería desta vila. Era o terceiro quinto premio da mañá, que supón 6.000 euros ao décimo.

 

 

Vendíase en ventanilla, co cal vai estar moi repartido tanto no propio Barco como na comarca de Valdeorras, tal e como explican dende a administración.

Ademais de no Barco, este número tamén se vendía en moitas outras localidades española, entre elas a cidade de Ourense (en varias administracións) e Xinzo de Limia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button