En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Cae un chopo no Aguillón

Á árbore caída a carón do Refuxio, na Rúa, estaba en moi mal estado

Un bo susto levaron os clientes de O Refuxio, na Rúa, na noite do 6 de setembro. Preto das dez da noite un chopo de gran envergadura, situado a carón do restaurante, caía contra o valado que bordea o encoro de San Martiño.

Nese momento numerosas persoas se atopaban ceando no lugar pero ao caer cara o lado do encoro, afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais.

Dende o Concello da Rúa informan que o xoves Confederación Hidrográfica procederá á retirada da árbore. Ademais o Concello “sinalará a partir de hoxe a área como perigosa e urxirá o informe pendente de Medio Rural para determinar todas as árbores en mal estado e que poidan supor un problema para a integridade das persoas”, documento que xa solicitaran hai un par de meses.

Artigos relacionados

Back to top button