ConcellosO BarcoÚltima hora

Cae unha árbore no centro do Barco de Valdeorras

 

Os efectos do temporal que chegaba a Valdeorras na madrugada do xoves 8 de febreiro xa se están deixando sentir.

Así, os fortes refachos de vento provocaban a caída dunha árbore de grandes dimensións na céntrica rúa Pescadores, no Barco de Valdeorras, provocando danos materiais entre eles un vehículo que estaba aparcado. Debido a este incidente e memtres procedían á retirada da árbores, a rúa permanecía cortada ao tráfico durante boa parte da mañá.

Ata o lugar dos feitos desprazábanse membros do GES Valdeorras, da Policía Local do Barco e unha brigada municipal.

O vento tamén provocaba caída de mesas, cadeiras e mesmo valados.

Artigos relacionados

Back to top button