ConcellosÚltima hora

Caldesiños (Viana) prepárase para celebrar as festas de Santa Cristina

Público nunha das orquestras das festas do ano pasado en Caldesiños (Viana do Bolo)./ Foto cedida.

 

Do 31 de xullo ao 1 de agosto a localidade de Caldesiños (Viana do Bolo) celebrará as súas festas na honra de Santa Cristina. O programa festivo comezará o mércores día 31 pola mañá cunha misa solemne e, xa pola tarde e noite, haberá música e baile a cargo da orquestra Cinema e, despois, disco móbil.

O xoves 1 de agosto celebrarase unha nova misa solemne pola maña e haberá sesión de tarde e noite co grupo Nebraska e, a continuación, disco móbil.

Durante estes dous días tamén haberá xogo de bolos e ra en Caldesiños.

Artigos relacionados

Back to top button