ConcellosEntroido 2024Última horaVerín

Cambios na programación do Xoves de Comadres do Entroido de Verín debido ás inclemencias meteorolóxicas

Xoves de Comadres 2023 en Verin./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Desde a concellería de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio do Concello de Verín veñen que debido ao aviso amarelo por vento e choiva emitido pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), e por razóns de seguridade, realizaranse os seguintes cambios na programación do Xoves de Comadres do Entroido de Verín.

O primeiro é que tras a reunión mantida con todos os centros educativos da comarca que participan, o desfile infantil posponse, ao xoves 15 de febreiro á mesma hora (11:45 horas) e co mesmo percorrido, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan. Igualmente, os centros escolares que así o consideraron pertinente celebrarán mañá no Pavillón Municipal de Deportes o seu Entroido Infantil. “É importante recordar que que hai colexios que non dispoñen dun pavillón cuberto coas dimensións necesarias para celebrar este evento co seu alumnado; polo tanto cremos necesario facilitar, aos que así o consideren, a opción de empregar o noso pavillón municipal para que a cativada goce do seu día”, explicou Samanta Barreira.

O segundo, a reubicación da recepción da Raíña do Entroido e Don Carnal. Por razóns de seguridade, non se realizará a baixada polo Camiño Real. Da mesma maneira, a recepción e tradicional saúdo da Raíña e Don Carnal levarase a cabo directamente desde o escenario situado na propia Praza García Barbón, ás 00:30 horas da madrugada do venres.

Artigos relacionados

Back to top button