CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Camiñada pola ruta de Inverno para conmemorar os 25 anos do Xacobeo 93

A iniciativa da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) chega a Valdeorras

Na mañá do 27 de outubro, unha trintena de persoas participaba na IV edición das Camiñadas coas que a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) conmemora o 25 aniversario do Xacobeo 93 e da declaración da Ruta Xacobea como Patrimonio Mundial.

Con saída no Paseo do Malecón do Barco de Valdeorras, os participantes percorreron os sete quilómetros ata o remodelado albergue de peregrinos ubicado na área recreativa do Bañadoiro en Vilamartín de Valdeorras. Alí, o concello agasallou aos camiñantes cun aperitivo.

Na Camiñada colabora a Asociación Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras e contou coa asistencia de varios membros, dos alcaldes de Vilamartín Enrique Álvarez, da Rúa Luis Fernández e de Petín Miguel Bautista, ademais de xente de Vigo, A Coruña, Santiago e Santander. Entre eles o presidente de APECSA Xosé Mª García Palmeiro e o vicepresidente Luis Celeiro. No Barco tamén estaba a concelleira de Turismo e Comercio Irene Daca que non pudo acompañalos.

A visita estivo acompañada por José Rúa Pérez quen explicou aos camiñantes o significado histórico e artístico e as pegadas xacobeas do visitado e rematou cun xantar‐conversa no restaurante Peyma, na Rúa. Antes o dirixente rues, amosou á comitiva a área recreativa do Aguillón, un dos espazos naturais e de recreo de referecia no municipio.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button