DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Camiñata polos pobos de Vilariño para festexar o San Xoán

Dende a área recreativa do Cenza en Vilariño, pasando polos pobos de Sabuguido, Edrada, Entrecinsa para finalmente, voltar á vila. Con esta ruta circular de sendeirismo celebrábase en Vilariño o día de San Xoán. Nesta ruta, promovida polo Concello de Vilariño de Conso en colaboración coa Asociacion Cultural Xuntos polo Folión, participaban unhas vinte persoas.

O traxecto comezaba ao redor das seis da tarde dende a praia fluvial de Vilariño e no decurso do percorrido contaba cun punto de avituallamento en Edrada. Tras completar a camiñata, estaba prevista unha sardiñada na mesma praia fluvial, amenizada coa actuación da Charanga Nova Terra de Trives.

Fotos cedidas por Marcos Macía.

Artigos relacionados

Back to top button