ConcellosÚltima hora

Camiñata solidaria e uvas para despedir o ano en Vilamartín

Publicidade
Esta localidade valdeorresa celebrará a primeira andaina solidaria “San Silvestrín” o 31 de decembro ás doce do mediodía
Vista do Bañadoiro, en Vilamartín, por onde discurrirá a andaina./ Foto: A.R.

Será un xeito diferente de despedir o ano e ademais dun xeito solidario. Na mañá do 31 de decembro ás doce do mediodía celebrarase a primemira andaina solidaria “San Silvestrín de todos os pobos de Vilamartín”. Esta actividade, segundo o seu organizador base Carlos Feás, pretende ser “un paseo para todos os que se animen a vir e que de paso, se poden, traían alimentos para a campaña de recollida que
se está facendo no pobo”.

Terá como punto de partida a praza de Vilamartín. Dende aí darase a saída aos participantes ás dez mañá. Por diante os terán un percorrido de 2,3 km aproximadamente. “O máis importante é que todos os veciños de Vilamartín e de toda a comarca se animen a vir e participar” conta Feás, co ánimo de implicar a todas as asociacións e veciños de Valdeorras nesta actividade que terá un fin de festa moi especial. Nestes intres están colaborando xa nesta iniciativa: Folión os Viticultores, Asociación de Coveiros de Vilamartín, Asociación de Coveiros de Arcos, Asociación Balcón de Oro, Asociación Vía Nova, Asociación Amigos do Camiño de Inverno por Valdeorras, Grupo de Teatro Xaime Prada, Protección Civil.

O paseo rematará ás 12 da mañá na Praza do Concello para unha vez alí comer as doce uvas, unhas horas antes, e dun xeito moi peculiar. “Os veciños da comarca que se animen deben levar as súas “uvas, olivas, gominolas, o que queiran” para o momento das badaladas. Recordan tamén que os que só queiran ir a tomar as uvas, sen participar na andaina, poden facelo.

Artigos relacionados

Back to top button