ConcellosÚltima hora

Camiño de Inverno, Vía Nova e O Bolo: tres paseos histórico-culturais neste mes de decembro

As andainas están organizadas pola Oficina de Turismo Valdeorras da Rúa para os días 5, 8 e 12

 

Moi activa se presenta para este mes de decembro a Oficina de Turismo Valdeorras da Rúa, co tres paseos histórico-culturais para seguir coñecendo os segredos de Valdeorras.

A primeira andaina “A Rúa é camiño” está prevista para mañá, domingo día 5 con saída ás 11 horas dende a Capela de San Roque, na Rúa Vella. Un paseo para lembrar a orixe do Camiño de Inverno, vía alternativa do Camiño Francés para evitar as nevadas as inundacións, e coñecer historias da Rúa e de edificios emblemáticos como as igrexas de Santo Estevo e Fontei, entre outras. Como nas actividades anteriores, a actividade (gratuíta en con prazas limitadas) rematará cunha cata de viños, nesta ocasión na Adega Quinta da Peza.

 

 

A segunda actividade prevista para a ponte de decembro (mércores día 8 ás 11 horas) será para descubrir un novo desgredo de Valdeorras: o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra e os restos da Vía Nova. Nesta ocasión haberá autobús con diferentes paradas para recoller á xente que queira participar. Tralo paseo, visitarase a Adega O Cepado en Rubiá.

E xa o vindeiro domingo 12 de decembro ás 11 horas, a zona vella do Bolo e a súa torre medieval serán as protagonistas dun paseo para coñecer a súa historia. Tamén nesta ocasión haberá autobús con diferentes paradas para recoller á xente que queira participar. A actividade rematará coa visita á Adega Corzo en Chandoiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button