EconomíaEconomía

Campaña de San Valentín no Carballiño CCA

Repartiranse 4 ceas en parella e unha experiencia de aloxamento & spa & relax
Cartaz da campaña.
Cartaz da campaña.

Baixo o lema “Disfruta en parella”, o Carballiño-Centro Comercial Aberto, organiza esta semana unha campaña de animación ás vendas, aproveitando a celebración do día dos namorados o vindeiro sábado 14.

Para a ocasión, os establecementos asociados lucirán globos de diferentes cores con forma de corazón nos seus escaparates e con cada compra farán entrega dun boleto a cubir polo cliente e a depositar na urna habilitada a tal efecto nun dos recentes comercios adheridos ao CCA.

Os 5 premios que se reparten nesta campaña son: 4 ceas en parella en diferentes locais do Carballiño e unha experiencia de aloxamento & spa & relax no Talaso Atlántico de Baiona. O sorteo terá lugar o sábado 14 de febreiro a partir das 20:30h. no comercio “Uno de Cada by Quintana” situado na rúa Rosalía de Castro 25 baixo B.

Artigos relacionados

Back to top button