SanidadeÚltima hora

Campaña de visibilización das actividades do voluntariado contra o cancro na provincia

Cedida.

 

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense realiza a campaña de visibilización das actividades do voluntariado contra o cancro. Facer voluntariado, explica a entidade, “é unha forma de ser na vida. É saber que, grazas á túa solidariedade, a mellora e o cambio son posibles. É contribuír coa túa achega do xeito que máis se adapte ás túas circunstancias e á túa dispoñibilidade. Convértete nun axente de cambio social e fai voluntariado”.

Ademais explican que os voluntarios centran a súa “enerxía en previr, sensibilizar, acompañar as persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica, o que permitirá un mellor diagnóstico e tratamento do cancro”.

Tamén se explican os tipos de voluntariado. “Apoiando e acompañando a persoas con cancro e familiares. Sensibilizando contra o cancro e colaborando en marchas e noutros eventos para a obtención de recursos. Dinamizando rutas saudables que activan a poboación e que reducen o risco de cancro. Desenvolvendo talleres científicos coa poboación”.

Por iso, a campaña de voluntariado consiste na presenza de mesas informativas na rúa para informar sobre o que fai a Asociación e os tipos de voluntariado. As mesas tiveron lugar nas facultades de humanidades e xurídico-empresarial para o alumnado da Universidade de Vigo – Campus de Ourense. Tamén levouse a cabo algunha charla dentro da propia universidade.

Por outro lado, tamén houbo presenza na rúa no Concello de Verín dando visibilidade as actividades. Proximamente realizarase a campaña no Concello de O Barco de Valdeorras, o día 4 de novembro, e tamén no Concello de Xinzo de Limia, o 8 de novembro.

Pódese facer voluntariado da seguinte forma: No teléfono 988 219 300 / 900 100 036, no correo ourense@contraelcancer.es, ou na rúa Doutor Marañón, 21 – baixo (Ourense). Tamén a través das delegacións de O Barco de Valdeorras, Verín e Xinzo de Limia.

Artigos relacionados

Back to top button