Ourense

Campaña en Ourense para concienciar sobre o consumo responsable de auga

A Consellería de Medio Ambiente lembra as principais recomendacións de aforro deste recurso
A campaña "Máis claro auga", achégase a Ourense para concienciar sobre o consumo deste recurso.
A campaña “Máis claro auga”, achégase a Ourense para concienciar sobre o consumo deste recurso.

A Consellería de Medio Ambiente vén de pór en marcha en Ourense a campaña “Máis claro auga”, coa que busca concienciar aos cidadáns para que fagan un uso responsable deste recurso. O expositor informativo instalouse onte na Praza do Ferro e até este punto se desprazou a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial de Medio Ambiente, Victoria Núñez.

A través deste expositor, daranse consellos e farase fincapé nas recomendacións básicas para aforrar auga durante os meses máis secos do ano. Así, lémbrase que hai pequenas accións como pechar ben as billas ou lavar os dentes coa bicha pechada, que poden reducir o consumo notablemente.

Artigos relacionados

Back to top button