Concellos

A campaña “Ourense composta” entrega 396 composteiros a veciños da provincia

Javier Domínguez, Pablo Pérez, Mayra Moure, Javier Bobe, Rosendo Fernández e Miguel Reza.
Javier Domínguez, Pablo Pérez, Mayra Moure, Javier Bobe, Rosendo Fernández e Miguel Reza.

A campaña “Ourense composta” deste ano, organizada pola Deputación de Ourense en colaboración con Sogama, entregou 396 composteiros a veciños de 36 dos 50 concellos aos que o goberno provincial presta o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos.

A iniciativa medioambiental rematou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, cun acto que contou coa participación do vicepresidente do ente provincial, Rosendo Fernández, o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, o presidente de Sogama, javier Domínguez, e a técnica de Ancaria, Mayra Moure.

A campaña 2015-2016 foi dirixida aos cidadáns dos 50 municipios aos que a Deputación presta o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos. Contou coa participación de 396 veciños aos que se lle facilitaron os medios materiais para a realización de compost, así como a formación e asesoramento na materia mediante técnicos especialistas.

A actuación levouse a cabo en nove puntos da provincia: Bande, O Carballiño, Castro Caldelas, A Peroxa, Ribadavia, A Rúa, San Cibrao das Viñas, Viana do Bolo e Xinzo de Limia, nos cales se levaron a cabo accións informativas con carpas que prestaban información á xente.

Artigos relacionados

Back to top button