SanidadeÚltima hora

Campaña para darlle visibilidade ao labor do voluntariado da AECC, no Barco

Esta mañá instalábase unha mesa informativa da entidade na praza do Concello

 

Facer voluntariado “é unha forma de ser na vida. É saber que, grazas á túa solidariedade, a mellora e o cambio son posibles. É contribuír coa túa achega do xeito que máis se adapte ás túas circunstancias e á túa dispoñibilidade. Convértete nun axente de cambio social e fai voluntariado”. Así o destacan as voluntarias da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Valdeorras que neste 4 de novembro saían á rúa cunha mesa informativa no marco dunha campaña de voluntariado desta entidade na provincia.

Esta campaña consiste na presenza de mesas informativas na rúa, como a instalada no caso do Barco na praza do Concello, para informar sobre o que fai a asociación e os tipos de voluntariado e para darlle visibilidade a este labor solidario.

Os voluntarios centran a súa “enerxía en previr, sensibilizar, acompañar as persoas afectadas e financiar proxectos de investigación oncolóxica, o que permitirá un mellor diagnóstico e tratamento do cancro”, aseguran dende a AECC en Ourense.

Unha persoa pode facerse voluntario do seguinte xeito: no teléfono 988 219 300 / 900 100 036, no correo ourense@contraelcancer.es, ou na rúa Doutor Marañón, 21 – baixo (Ourense). Tamén a través das delegacións de O Barco de Valdeorras, Verín e Xinzo de Limia.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button