DeportesPiraguismoÚltima hora

Campionato galego de K-2 de categorías base, o 18 de setembro en Quiroga

A proba desenvolverase durante a mañá na zona de Augasmestas

Cita coa competición galega de piragüismo en Quiroga. Na mañá do vindeiro sábado 18 de setembro Augasmestas será escenario do Campionato galego de K2 nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Comezará a partir das 11h. e está previsto que as saídas se dean cada 20 minutos.

Esta cita autonómica reunirá a uns 476 participantes de 26 clubs de diferentes partes de Galicia. “Xa tivemos en xullo a Gold River Race e con este evento buscamos potenciar o deporte fluvial no noso concello e aproveitar unha paraxe tan bonita e espectacular como é Augasmestas”, tal e como se destaca dende a Área de Deportes do Concello de Quiroga.

A proba será organizada polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e pola Federación Galega de Piragüismo en colaboración co Concello de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button