O parapente volve a Quiroga neste fin de semana. Da man do Club Parapente Quiroga celebrarase mañá, sábado 7 de setembro, unha proba do Campionato galego de precisión, con despegue en Vilañán e aterraxe dentro dunha diana na ribeira.
Sempre pendentes da meteoroloxía e sobre todo do vento, a idea é comezar sobre as 11 horas contando con 23 partipantes inscritos aínda que, tal como adiantan dende o club hai xente que vai voar sen participar na proba “e para a cea estamos máis de 50”, para o que será a kekada de parapente.
Aínda que en Quiroga hai moita afección por este deporte, é a primeira vez que se celebra un campionato galego deste tipo, contando coa colaboración do Concello, da Federación de Aeronáutica, Xunta e demais.
Fotos e vídeos cedidas.