DeportesÚltima hora

Cancelada a XXI Volta Cicloturista a Valdeorras pola escasa participación

 

Tras dous anos de parón, a Volta Cicloturista a Valdeorras estaba xa preparada para celebrar a XXI edición coa asistencia, entre outros, do campión olímpico de ruta, Samuel Sánchez. Pero a menos de dúas semanas para a data fixada, o domingo 12 de xuño, a directiva do CC Valdeorras e a organización da proba, anunciaban a súa cancelación debido á pouca participación. “O máis triste é que de Valdeorras non hai ningún inscrito e sen o apoio dos afeccionados da zona malamente se pode facer”, aseguran dende a directiva do club.

Lembran que “o ano pasado fíxose unha saída polo mesmo percorrido e como o club aportaba bebidas e pasteis presentáronse arredor 100” polo que decepcionados coa resposta da xente na Volta oficial este ano, aseguran que “dende a directiva actual no temos pensado facer nada máis” adiantando que en próximos días “farese o reintegro íntegro de todas as inscricións”.

 

Artigos relacionados

Back to top button