CulturaCulturaÚltima hora

Candea inaugura este domingo as Xornadas de Teatro da Rúa, no Centro Cultural Avenida

O grupo de Viana interpretará a partires das 18h. as obras O diñeiro o mellor compañeiro e Os Vilachá
Candea de Vina, na obra “Os cravos de prata”./ Foto: Carlos G. Hervella.

Este domingo, 18 de novembro, arrancan as IX Xornadas de Teatro da Rúa-Memorial Tito Macías. E faino cunha dobre sesión da man do grupo Candea de Viana.

A partires das 18h. subiranse ao escenario do Centro Cultural Avenida para interpretar dúas obras de teatro. A primeira, O diñeiro bo compañeiro, xira en torno á relación entre nai e filla con mentalidades moi diferentes debido principalmente á diferenza de idade. Unha é tradicional e costumista, preocupada polo que dirán e a outra liberal, inqueda e moderna. Dous puntos de vista moi diferentes respecto á vida pero cun punto en común: a forza do diñeiro que supera todo, chegando a converterse no mellor compañeiro do home.

A segunda obra, Os Vilachá, conta a historia de dúas irmás solteiras que levan vivindo xuntas toda a vida na casa do seu irmán emigrado en Arxentina. Parece que as cousas non van demasiado ben economicamente do outro lado do océano e decide voltar a España a vivir na casa da súa propiedade ocupada polas dúas irmás, que deberán atopar unha solución canto antes para desaloxar a vivenda na que habitan dende hai mas de 60 anos.

As xornadas, que se estenderán ata o 30 de decembro, están organizadas pola Asociación Cultural de Teatro A Ruada.

 

Artigos relacionados

Back to top button