OurenseÚltima hora

Candeas e transistores para acompañar á Nosa Señora de Fátima en Ourense

A virxe de Fátima volveu ser acollida por miles de ourensáns que se desprazaron até as portas do seu santuario no barrio de O Couto para seguila até a Catedral da capital das Burgas. Ao comezo a choiva parece que ía dar unha tregua pero, finalmente, apareceu, aínda que non impediu que a xente seguise o complexo procesional.

Devoción, tradición e solemnidade son as tres palabras que poden definir este evento nocturno que só está alumeado polas candeas que portan as xentes devotas ao carón do paso. Pero o que fai esta cita excepcional son os transistores, xa que, para que as miles de persoas que van ao paso da virxe poidan rezar xuntas o rosario: “primeiro misterio…”, radiaban os miles de transistores que portaba a xente. O barullo deses transistores buscando a emisora da procesión só se cortaba cos rezos dos devotos, porque, a pesar de ser a era dos smartphones, a tradición de seguir a procesión a través da radio non mudou.

Familias enteiras citáronse ao longo do paso da procesión e, tamén dende a radio, animaban aos espectadores parados nas beirarrúas que se unisen ao complexo procesional para “agarimar á Virxe de Fátima”. O complexo procesional seguiu pola rúa Hervedelo, que só estaba alumeada con pequenos puntos de luz das candeas da xente, continuou pola rúa do Progreso, “a cola da procesión está no templo de Nosa Señora de Fátima”, radiaban os transistores. Isto fai unha idea da cantidade de persoas que seguían a procesión. O paso continuou pola rúa da Cruz Vermella, entre o Pazo Provincial e o Centro Cultural Marcos Valcárcel, logo percorreu as rúas do Casco Vello ata que “a cabeza da procesión está na Catedral de San Martiño e a cola na rúa Hervedelo”, dicían os transistores.

Unha vez no edificio catedralicio, ás 00:00 horas, o Bispo de Ourense, Leonardo Lemos.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button