ColaboraciónsOpiniónPremio Literario M. Tremiñá

“Cantiga da Lúa Branca”

Primeiro premio da categoría C

Miñas donas, meus señores,
eiquí lles veño a contar
as cousas que aconteceron
neste fermoso lugar.

·Despois de esmorgas e farras,
despois de moito empinar,
un fermoso mozo loiro
rematou por namorar
da brillante lúa branca
que brilaba no luar.

·Dende aquel maldito día
no que beberá de máis
(aínda no está moi claro
o que lle fixera mal;
se foi o viño, o auguardente
ou que caera pa´tras…)

· Como lles ía dicindo,
o rapaz non da pa´mais,
anda lelo todo o día,
non para de ferrellar,
e anda facendo una escada
para ata o ceo chegar
e bicar a súa amada
que xa cansa de agardar.

·A escada xa vai grandiña…
Quen sabe onde chegará!!!
xa pasa dos trinta metros
i el segue a cravetear.

·Despois de moito traballo,
despois de non descansar,
chegou o día anhelado
da lúa branca bicar.

·O rapaz tomou un grolo
de auga de manantial
(que xa sabemos ben todos
que a beberaxe fai mal)
i empezou a gabear…

·Cando ía a medio camino
veu polo lonxe chegar
unha abella despistada
con gañas de fastidiar.

·Por medo a que lle picara
empezou a bracear
e soltouse da escaleira
e foi de fuciños dar
con todos os seus osiños
con todos eles…ao chan.

·Quedou espatarradiño
e tiveron que avisar
ao menciñeiro da aldea
pra que o viñera amañar.

·Como estaba tan maliño
tamén foron avisar
ao señor crego da vila
por se ía para o máis alá.

·Perdera o coñecemento
e tiveron que agardar
polo menos dúas semanas
pra que poidera acordar…

·Pero en canto abrió os ollos,
ficou tolo…namorado
de filla do menciñeiro
que o coidaba con agrado.

·Tamén ela reparara
naquel mociño agraciado
que tiña as dúas pernas rota
e un braciño escarallado.

·E así remata esta historia
con un final moi feliz
de dous mozos namorados.
Que máis se pode pedir !!!

·Non vaian pensar vostedes
que son cousas inventadas,
son reais como a vida mesma…
un pouquiño esaxeradas.

Estrella Naseiro Rego

Artigos relacionados

Back to top button